Arquivos da etiqueta: Certame literario Cantabile

II Certame Literario Cantabile

A Asociación musical e cultural Cantabile, en conmemoración do aniversario da creación das Irmandades da Fala na Coruña o 18 de maio 1916, organiza o II Certame Literario Cantabile.

Trátase dun proxecto cultural, mais tamén solidario, unha cadea de favores: as persoas participantes entregan un donativo mínimo asociado á súa obra que irá destinado á Cociña Económica, optando aos premios que Cantabile ofrecerá aos mellores traballos.

Segundo as bases, no certame poderán participar todas as persoas que presenten traballos orixinais en lingua galega relacionados preferentemente coa temática da música, nas modalidades de poesía ou microrrelato, a partir dos oito anos e en tres categorías de idade. A presentación de cada traballo virá acompañada dun donativo mínimo de 2€, que cada participante poderá ampliar canto desexe.  A recadación do concurso será entregada á Cociña Económica da Coruña.

Os premios que se outorgan consisten en material bibliográfico en torno ás Irmandades da Fala, a lingua ou a cultura galegas, así como nunha colección discográfica da obra do Coro Cantabile e na publicación dos textos gañadores na páxina web da asociación.

A entrega dos premios farase nun acto público tras a anunciación do veredicto, fixada para o 18 de maio, no cal o coro porá, como non podía ser doutro modo, a parte musical.

 

Xa temos gañadores do I #CertameLiterarioCantabile !

I Certame Literario Cantabile

Por fin, coincidindo co centenario da creación das Irmandades da Fala, chegou o día de publicar o veredicto! O sábado día 14 de maio, durante o ensaio no noso local, reuniuse o xurado encargado de elaborar o fallo,  formado por:

IMG_6853

Os membros do xurado, Dores Tembrás, Alicia Longueira e Jacinto Torres, con algúns membros da directiva da Asociación musical e cultural Cantabile e Pablo carballido, director do coro.

Tras a lectura dos 22 traballos presentados, concederon os seguintes premios:

Categoría A (8 e 9 anos)

  • Modalidade de poesía: 1º Premio: “A primeira canción do día”, de Javier Barredo Gómez.
  • Modalidade de relato curto: 1º Premio: declárase deserto.

Categoría B (10 e 11 anos)

  • Os premios quedan desertos.

Categoría C (12 a 14 anos)

  • Modalidade de poesía: 1º Premio: declárase deserto.
  • Modalidade de relato curto: 1º Premio: “O luthier de Cracovia”, de Leticia del Rosario González Novoa-Cisneros. – Accésit: “Outra vez Hamelin”, de Carmen Barredo Gómez.

Categoría D (15 a 17 anos)

  • Modalidade de poesía: 1º Premio: declárase deserto.
  • Modalidade de relato curto: 1º Premio: “Winston”, de Paula González  Cortacans.

Categoría E (máis de 18 anos)

  • Modalidade de poesía: 1º Premio: “A nosa nana”, de Sara Fernández García. – Accésit: “Cadencia rota”, de Lucía Cernadas Varela.
  • Modalidade de relato curto: 1º Premio: “O marabilloso poder da música”, de Eva Castro Outeiriño – Accésit: “Punto de mira”, de Daniel Fonseca Martínez.

Podedes ler os traballos gañadores na páxina do certame.

A entrega de premios celebrarase o sábado 11 de xuño na igrexa das Capuchinas (Rúa Panaderas, A Coruña) ás 19:30, nun acto no que participará o Coro Cantabile como mellor sabe: con música!

Alí tamén entregaremos os cartos recadados á Cociña Económica coas participacións no certame. E para seguir sendo solidarios, pedimos que as persoas que asistan ao evento traian alimentos non perecedoiros (pasta, legumes, arroz, conservas, alimentos infantís…) que irán tamén destinados a esta organización.

Moitas grazas a todas as persoas participantes, ao xurado e ás entidades colaboradoras: La Voz de Galicia, Dos Acordes.  Esperamos que este certame siga crecendo en futuras edicións!

#CertameLiterarioCantabile

#CantabileSolidario

#CantabileNonPara

Fin de prazo de presentación de traballos e composición do xurado do I #CertameLiterarioCantabile

I Certame Literario CantabileEste sábado terminou o prazo de presentación de traballos do noso primeiro certame literario, e durante o noso habitual ensaio recompilamos todas as copias dos relatos e poemas, divididos nas súas categorías, para entregalas ao xurado. Este tribunal está formado por:

Os integrantes desta mesa reuniranse o sábado 11 de maio a deliberar no local social de Cantabile, e o veredicto que saia do encontro publicarase o 18 de maio, coincidindo co centenario da creación das Irmandades da Fala na Coruña.

O día 11 de xuño será a entrega de premios do certame, unha tarde en que música e literatura estarán unidas nunha causa solidaria: os donativos asociados a cada participación no concurso serán entregados á Cociña Económica. Podes encontrar máis información sobre este evento na sección de “Próximas Actuaciones”.

Moitas grazas a todas as persoas que participaron nesta primeira edición do Certame Literario Cantabile! Esperamos seguir crecendo!

#CertameLiterarioCantabile

#CantabileSolidario

#CantabileNoPara