Recepción municipal no @ConcelloCoruna e concerto en #Betanzos

O día 30 de decembro foi un día cheo de actividade para Cantabile.

Comezabamos a xornada poñendo música á recepción aberta no palacio municipal de María Pita que realizou o Concello da Coruña con motivo das festas de Nadal. Despois do discurso do alcalde, Xulio Ferreiro, interpretamos algunhas panxoliñas que xa formaran parte do programa do concerto de Nadal do pasado día 28 en San Nicolás, unha cita xa tradicional dentro da nosa axenda que compartimos cun templo repleto de público.

Horas despois puñamos rumbo a Betanzos para ofrecer un novo concerto de Nadal na igrexa de Santa María do Azogue. Alí interpretamos de novo o programa do concerto de Nadal, composto tanto por panxoliñas como por outras pezas de diversos estilos e épocas, entre as cales destacan dúas das que os nosos #PequesCantabile cantaron con Carlos Núñez na catedral de Santiago ou un avance do noso proxecto para o 2017: o Mesías de Haendel.

Deixámosvos coas fotos dos dous últimos eventos deste 2016 tan especial para Cantabile. Prestade atención ás redes sociais e a páxina web para poder ver o resumo completo. Feliz 2017!

#CantabileNonPara #NadalConCantabile

O pase de diapositivas require JavaScript.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.