Mudamos de web!

Ola, #FamiliaCantabile!

Como sabedes, neste coro non todo é cantar. Alén dos concertos e os ensaios, o traballo de Cantabile implica moitas outras tarefas administrativas, económicas e de comunicación. Así, durante estes meses estivemos traballando na renovación da nosa páxina web. A partir de agora, encontraredes toda a información sobre Cantabile no enderezo www.corocantabile.gal. Entretanto, esta web (www.corocantabile.es) permanecerá como arquivo do traballo de todos estes anos. Como consecuencia da mudanza de web, modificamos igualmente o noso enderezo de correo principal, que pasa a ser [email protected]

Esta mellora non sería posíbel sen o voso apoio como membros da asociación, nos concertos e nas redes. Mil grazas!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.