III Noite das Candeas Cantabile

Por terceiro ano consecutivo celebrabamos o noso concerto estival nocturno, a de nosa “Noite das Candeas Cantabile”. Un concerto diferente ao noso repertorio habitual, no que queremos demostrar porqué Cantabile és algo máis que un rolex replica coro. Por iso eliximos pezas algo máis animadas tamén propias da canción tradicional que se complementan con interpretacións dos nosos coralistas que tamén son músicos, ademais dos nosos solistas.

Ademais neste ano que celebramos o noso 15 aniversario, queriamos celebralo convidando a algúns excoralistas que xa teñen a súa propia carreira musical como Pedro Martínez Tapia, e o noso Alberto Miguélez Rouco.

Por eso tamén lle pedimos a Dores Tembrás que fixese a presentación do concerto para explicar algo sobre o noso coro e sobre a Noite dás candeas. replicas de relojes
Pero antes de que Dores fixese a introdución gardamos un minuto de silencio polas vítimas do atento que esa mesma tarda padecera Barcelona e ás que lles dedicamos o noso concerto.

Terminaba esa minuto de silencio cos aplausos do público posto en pé. E Dores dicía o seguinte:

“Boa noite. Benvidos e benvidas a esta Noite das Candeas coa que Cantabile quere celebrar dalgún xeito estes 15 anos de historia. É a terceira vez que dan este concerto, que de moitas maneiras se distingue de todos demais. replicas de relogios

Confeso que non son imparcial ao falar de Cantabile. A miña familia tivo a sorte de que un dos meus fillos entrase a formar parte do coro, fará en xaneiro dous anos. Na aquela altura non coñecíamos este proxecto, a súa emvergadura, o seu compromiso coa música na infancia e mocidade. O feito de que unha cidade como A Coruña conte cunha asociación coa sensibilidade de cultivar a música nun proxecto no que a formación ten un gran peso, e onde a disciplina e o amor se miden a partes iguais é algo extraordinario. Hoxe somos moitas as familias dos coralistas que estamos aquí e sinto que  todos compartimos este pensamento.

Coido que non é doado percibir como público todo o que se agocha, todo o que queda na sombra , cando asistimos a un dos seus concertos. Hai unha palabra que para min é definitiva cando penso no coro: compromiso. Por parte de tódolos implicados.

Cada un dos coralistas contribúen de forma definitiva a este suceso excepcional. Cantabile é a suma de todas e cada unha destas voces individuais, que aprenden e saben que fundíndose dan lugar a algo único, que os transcende. Este compromiso e  xenerosidade é alicerce dende a natureza do proxecto. replica watches

O mesmo acontece co seu director, Pablo Carballido, colocando con xesto case imperceptíbel o lugar preciso que cada voz ten no espazo antes de comezar. Todos sabemos que é el xustamente o fío condutor que, máis que aglutinar, amparou todas e cada unha das voces ao longo destes 15 anos. A súa labor, onde a profesionalidade e a paixón son un continuum, non xera máis que admiradores perplexos e agradecidos ao seu paso. E isto non é máis que un indicio da persoa ante a que nos atopamos.

Ponlle o ramo a este proxecto a implicación dos pais e nais que conforman a directiva, traballadores incansábeis, especialistas nese traballo invisíbel, á sombra que logra darlle a todo ese acabado cálido que transcende de inmediato en canto atravesas a porta do local de ensaio.

Pero saben que é o que máis admiración esperta en min? Coñecer a familia que conforman, ver como uns coidan de outros, todo atravesado pola música.

Coido que a imaxe da candea é das que mellor pode representar o que é Cantabile, a luz que nos ilumina cando os escoitamos. Cada un de nós na nosa intimidade. A música é unha ferramenta para comunicar, para tocar ao outro a través da emoción: emotio, emotionis, “facer mover”, “sacar do lugar habitual”, desprazarnos e ser outros na nosa relación co mundo.

Que estas candeas nos alumeen na noite de hoxe. Que a sombra que nos rodea faga máis intensa a súa luz. www.iwatchs.es replicas de relojes

E comezaba o concerto, e así volo fomos contando nas redes.

Grazas todos por abarrotar Capuchinas e regalarnos os vosos aplausos. Deixámosvos algunhas fotos e esperámosvos no próximo concerto, porque xa sabedes… #Cantabilenonpara

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.