II Certame Literario Cantabile

A Asociación musical e cultural Cantabile, en conmemoración do aniversario da creación das Irmandades da Fala na Coruña o 18 de maio 1916, organiza o II Certame Literario Cantabile.

Trátase dun proxecto cultural, mais tamén solidario, unha cadea de favores: as persoas participantes entregan un donativo mínimo asociado á súa obra que irá destinado á Cociña Económica, optando aos premios que Cantabile ofrecerá aos mellores traballos.

Segundo as bases, no certame poderán participar todas as persoas que presenten traballos orixinais en lingua galega relacionados preferentemente coa temática da música, nas modalidades de poesía ou microrrelato, a partir dos oito anos e en tres categorías de idade. A presentación de cada traballo virá acompañada dun donativo mínimo de 2€, que cada participante poderá ampliar canto desexe.  A recadación do concurso será entregada á Cociña Económica da Coruña.

Os premios que se outorgan consisten en material bibliográfico en torno ás Irmandades da Fala, a lingua ou a cultura galegas, así como nunha colección discográfica da obra do Coro Cantabile e na publicación dos textos gañadores na páxina web da asociación.

A entrega dos premios farase nun acto público tras a anunciación do veredicto, fixada para o 18 de maio, no cal o coro porá, como non podía ser doutro modo, a parte musical.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.