CONCURSO DE DESEÑO TÉXTIL CANTABILE

Queremos darlle un toque novo á nosa uniformidade. E queremos empregar o talento da nosa rapazada. Participade no concurso de deseño téxtil Cantabile!!

Os premios son modestos, pero o agradecemento para toda a xente que participe será eterno. E consideramos que non hai mellor premio que poñer o teu deseño no uniforme do Coro.

Deixámosvos as bases. Podedes presentar as vosas propostas ata o 1 de decembro. Ánimo.

Bases concurso deseño téxtil