Algo máis que un coro

Cantabile é un proxecto moi amplo. A Asociación musical y cultural Cantabile xestiona a actividade do Coro infantil e xuvenil Cantabile para realizar unha actividade artística e didáctica que pon en valor o patrimonio cultural e musical, non so no eido da música clásica, especialmente barroca, senon da música tradicional galega. Pero ademáis, Cantabile proporciona á súa rapazada unha alternativa de lecer san na que se inculcan valores como o traballo, o esforzo, a disciplina e, por riba de todo, o compañerismo e a amizade.

E todo isto non sería posible sen:

Pablo Carballido del Camino (director)

Pablo Carballido é a esencia de Cantabile. A súa labor non se limita a dirixir aos integrantes do coro e procurar que  leven o ritmo e canten no tono. Vai máis alá.

Pablo Carballido, director del Coro Cantabile

Pablo Carballido, director

Por un lado, Carballido é tenor profesional e iso se nota. Se hai algo que diferencia a Cantabile doutros coros infantís e xuvenís é a técnica vogal e a formación de canto lírico que reciben aos e ás coralistas, pois moitas delas e deles asisten a clases con el na Escola Municipal de Música, reciben clases particulares ou acoden aos cursos de canto anuais que realizan no local de ensaios. Non é moi habitual escoitar un coro que se compón na súa maioría de voces brancas cantar con técnica lírica e interpretar a música, algo que, xa que logo, sería imposible sen un director como el.

Pero o máis importante de todo é que Pablo Carballido, ademais de cantante profesional e director de coro, é maestro. Unha cualidade que, cando a túalabor consiste en ensinar música a un grupo de máis de sesenta persoas novas, resulta moi positiva e especialmente diferencial, precisamente porque non hai moitos profesionais que compaxinen o canto coa dirección e a docencia. Grazas a isto, ensínalles as notas, fomenta o gusto pola música clásica desde idades moi tempranas e transmite valores como o compañeirismo, a amizade e o respecto.

Pero é que sen Pablo Carballido, Cantabile non existiría. Desde que un grupo de mozos e mozas con moita ilusión e poucos recursos alá polo ano 2002 decidiu fundar un coro, hoxe consolidado, pasaron 16 anos. Moita xente marchou e outra nova pasou a formar parte da familia Cantabile, cantando, organizando ou compaxinando as dúas facetas, pero Pablo segue aí, aínda que a veces custe compaxinar a dirección do Coro coa súa vida profesional, coa mesma -ou máis- ilusión do primeiro día e un compromiso total cun proxecto no que creu e no que participou desde a súa xénese.

É un director único e especial que convirte a quen o rodea en especial. É posible que isto sexa a chave do éxito e a calidade de Cantabile.

Coralistas

Somos un coro infantil e xuvenil así que é habitual que a relación de coralistas varíe a medida que os anos van pasando. Actualmente, o Coro está composto por:

SOPRANOS
Carmen Barredo Gómez, Mariana Boedo Buño, Bárbara Breijo Cid, Alejandro Carrión Orosa, Inés Carrión Orosa, Noa Del Rio García, Marta Duckworth Juárez, Beatrice Etheve Gastaldello, Tomás Fernández Antezana, Sabela Gracia Nicholas , Samuel Iglesias Ceniceros, Carlota Iglesias Rama, Jaime Losada Elorza, Héctor Noya López, Irene Pardiñas Bárbara, Noa Pardiñas Ujeda, Paula Pérez Pecorelli, Alexandra Rodríguez Hafeli, Ana Rodríguez Rubio, Nicolás Rodríguez Vázquez, Noelia Saavedra Carnero, Xoel Saavedra Carnero, Romeu Tembrás Sánchez, Mara Valiño López, Xiana Vázquez Mosquera, Leonor Vázquez Veira, Fátima Zahra Ghadbone, Pablo Ares Otero

ALTOS
Salma Arifi Abad, Lucía Cernadas Varela, Ramón Fernández Antezana, Marta Fernández González, Cristina García López, Laura García Pereiro, Candela Garea Veiga, Alba León Álvarez, Olalla Maceiras Outeda, Luisa Marcos Pacheco, Alejandro Pérez Pecorelli, Marta Prego Riveiro, Alejandro Rodiles Freire , Natalia Vázquez Varela, Misaki Anguera Zemba, Rosario Santos Cáceres

TENORES
Mateo Duckworth Juárez, Miguel Ángel Fernández García, Iván Fernández González, Alejandro Fraga Fidalgo, Manuel González Veiga, Marcos Herrero Mejuto, Xulio Loureiro González, Ángel Loureiro Louro, Liam Saborido Sueiro, Martín Yáñez Vaamonde

BAJOS
Daniel González Hernández, Antón Loureiro Louro, Alexander Martí Prieto, Isaac Martinez Bendayan, Miguel Nó Gómez, Carlos Rodiles Freire, Manuel Segade Bodelo

A directiva

O coro é xestionado a través da Asociación musical e cultural Cantabile. Correspóndelle á súa xunta directiva a xestión de todas as actividades. Nestes dezaseis anos, moitas persoas, co seu traballo, liberou ao coro de todas as tarefas que non fosen cantar. Sen este traballo, non podería existir Cantabile. Pódese consultar aquí a composición da xunta actual.

As persoas socias e #Cantabilefans

Cantabile é seguido incondicionalmente alá onde vai. En primeiro lugar, as nais e os pais dos e das coralistas que, nalgúns casos, non moitos, tamén forman parte da masa social da Asociación musical y cultural Cantabile, así que o seu apoio, ademais de moral, é económico.

Pero non toda a masa social é familia de coralistas. Son #Cantabilefans porque cren no noso proxecto e desfrutan coa nosa música.  Se ti es fan de Cantabile e desexas axudarnos a seguir creando novos proyectos, non dubides en contactar con nós enviándonos un correo a corocantabileacoruna@gmail.com

Colaboración e patrocinio

Desde o inicio, moita xente decatouse de que Cantabile era máis que un coro e apoiounos:  instituciones como el Concello da Coruña, mediante o programa de Entidades de Arraigo ou Deputación da Coruña, a través da súa convocatoria anual de subvencións a corais, ou a rede cultural e, como non, as persoas que nos ceden as igrexas das Capuchinas e San Nicolás para os nosos concertos.

2 pensamientos en “Algo máis que un coro

  1. David Rodríguez Ruiz

    Felicidades al Coro porque como lo comentan al principio de este artículo, formar parte de un grupo en donde se requiere del esfuerzo, la dedicación, tiempo, disciplina y otros factores que son importantes para estar bien integrados y no solo en las cuestiones técnicas corales y musicales. Hay otros factores que influyen en el progreso musical y de prestigio. Ensayar las obras con coralistas que la mayoría no tienen conocimientos musicales. No saben ni conocen el solfeo y por lo tanto es más difícil para el maestro estar repitiendo constantemente cada parte de la obra en las voces musicales que mande la partitura y el autor. Los coralistas reciben algún apoyo económico?

    Responder
    1. Coro Cantabile Autor

      Gracias por tus palabras David! No, los coralistas no reciben ningún apoyo económico, porque en realidad ellos vienen a aprender y a divertirse aprendiendo. Además sería imposible para una asociación como la nuestra, en la que necesitamos todo el apoyo económico externo posible para poder subsistir.

      Responder

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *