Sobre Cantabile

Coro Infantil e Xuvenil Cantabile nace froito da asociación que leva o seu mesmo nome como un gran proxecto musical e social que integra a nenos, nenas, mozos e mozas tendo á música clásica como fío condutor.

Desde o noso nacemento en 2002  chegamos a ser un un referente musical en toda Galiza grazas ao gran número de concertos e xiras tanto no panorama nacional como internacional: Viena, Salzburgo, Lisboa, Bolonia, Madrid, Roma… Ademais, os numerosos premios recibidos e a crítica avalan a nosa traxectoria interpretativa e, especialmente o noso son e técnica vocal, debidas ao noso director Pablo Carballido del Camino, tenor e mestre de canto.

Cantabile gravou xa seis discos entre os que destacan a banda sonora da película De Profundis, estreada xunto á Orquesta Sinfónica de Galicia, o disco adicado á obra vocal sacra de Vivaldi avalado polo musicólogo López Calo, “Mozart y Haydn en las voces de Cantabile” ou o noso último proxecto, Palabras de Luz, doce pezas corais inéditas, galegas e en galego, que compartimos ademais con todos os coros galegos e que nos valeu a nominación aos Premios Martín Códax da música galega.

Formas de Contacto:

Tes as seguintes formas de contactar connosco:

  • twitter: @coro_cantabile
  • a nosa páxina de facebook
  • correo electrónico: [email protected]
  • correo postal: R/ Sto. Tomás, 30, baixo, 15002 A Coruña
  • teléfonos: 672 071 565 e  664 790 807 (para contratación de vodas)

O noso local social está aquí:


Ver mapa más grande

Composición Xunta Directiva

A asemblea xeral da Asociación musical y cultural Cantabile do 27 de setembro de 2020, elixiu a seguinte xunta directiva:

    • Lucía Cernadas Varela, presidenta
    • Miguel Nó Gómez,  vicepresidente
    • Santiago Vázquez Calvete, secretario
    • Carola Antezana Canales, tesoureira
    • Carlos Rodiles Freire, vogal
    • Cristina del Mar García López, vogal
    • María Begoña Juárez Pérez, vogal
    • María Luisa Marcos Pacheco, vogal
    • María José Orosa Ramudo, vogal
    • María Teresa Bárbara Criado, vogal

 

4 reflexións sobre “Sobre Cantabile

  1. cristina gonzález nóvoa

    Hola
    tengo un hijo de 7 años y me gustaría que conociera vuestro coro.
    no tiene ni idea de música, quizá sería mejor que primero empezara en una escuela y después, una vez que supiera leer una partitura, fuera por vuestro local.
    vosotros diréis
    gracias y un saludo
    cristina

    Responder
    1. Coro Cantabile

      Hola Cristina:
      Estaremos encantados de recibir a tu hijo para que nuestro director le haga una prueba cuando tenga 8 años que es la edad mínima para entrar en Cantabile.
      Si mientras tanto, le gusta la música y se anima a estudiar en la Escuela de música, en el Conservatorio o en una academia, sería perfecto.
      Un saludo y gracias por seguir a Cantabile.

      Responder
  2. ANGEL GALLEGO

    BUENAS TARDES. ME LLAMO ANGEL Y SOY EL DIRECTOR DEL CORO RECONQUISTA DE OVIEDO.
    LES ESCRIBO PARA PEDIRLES LA PARTITURA DE “CAMINAD SEÑORA”
    FIGURA EN NUESTRO ARCHIVO, PERO NOS FALTA LA ULTIMA HOJA.
    SIN MAS UN SALUDO.
    ANGEL GALLEGO

    Responder

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.