Archivo de la etiqueta: concierto nocturno

III Noite das Candeas Cantabile

Por terceiro ano consecutivo celebrabamos o noso concerto estival nocturno, a nosa “Noite das Candeas Cantabile”. Un concerto diferente ao noso repertorio habitual, no que queremos demostrar porqué Cantabile é algo máis que un coro. Por iso eliximos pezas algo máis animadas e tamén propias da canción tradicional que se complementan con interpretacións dos nosos coralistas que tamén son músicos, ademais dos nosos solistas.

Ademais neste ano que celebramos o noso 15 aniversario, queriamos celebralo convidando a algúns excoralistas que xa teñen a súa propia carreira musical como Pedro Martínez Tapia, e o noso Alberto Miguélez Rouco.

Por eso tamén lle pedimos a Dores Tembrás que fixese a presentación do concerto para explicar algo sobre o noso coro e sobre a Noite dás candeas.
Pero antes de que Dores fixese a introdución gardamos un minuto de silencio polas vítimas do atento que esa mesma tarda padecera Barcelona e ás que lles dedicamos o noso concerto.

Terminaba esa minuto de silencio cos aplausos do público posto en pé. E Dores dicía o seguinte:

“Boa noite. Benvidos e benvidas a esta Noite das Candeas coa que Cantabile quere celebrar dalgún xeito estes 15 anos de historia. É a terceira vez que dan este concerto, que de moitas maneiras se distingue de todos demais.

Confeso que non son imparcial ao falar de Cantabile. A miña familia tivo a sorte de que un dos meus fillos entrase a formar parte do coro, fará en xaneiro dous anos. Na aquela altura non coñecíamos este proxecto, a súa emvergadura, o seu compromiso coa música na infancia e mocidade. O feito de que unha cidade como A Coruña conte cunha asociación coa sensibilidade de cultivar a música nun proxecto no que a formación ten un gran peso, e onde a disciplina e o amor se miden a partes iguais é algo extraordinario. Hoxe somos moitas as familias dos coralistas que estamos aquí e sinto que  todos compartimos este pensamento.

Coido que non é doado percibir como público todo o que se agocha, todo o que queda na sombra , cando asistimos a un dos seus concertos. Hai unha palabra que para min é definitiva cando penso no coro: compromiso. Por parte de tódolos implicados.

Cada un dos coralistas contribúen de forma definitiva a este suceso excepcional. Cantabile é a suma de todas e cada unha destas voces individuais, que aprenden e saben que fundíndose dan lugar a algo único, que os transcende. Este compromiso e  xenerosidade é alicerce dende a natureza do proxecto.

O mesmo acontece co seu director, Pablo Carballido, colocando con xesto case imperceptíbel o lugar preciso que cada voz ten no espazo antes de comezar. Todos sabemos que é el xustamente o fío condutor que, máis que aglutinar, amparou todas e cada unha das voces ao longo destes 15 anos. A súa labor, onde a profesionalidade e a paixón son un continuum, non xera máis que admiradores perplexos e agradecidos ao seu paso. E isto non é máis que un indicio da persoa ante a que nos atopamos.

Ponlle o ramo a este proxecto a implicación dos pais e nais que conforman a directiva, traballadores incansábeis, especialistas nese traballo invisíbel, á sombra que logra darlle a todo ese acabado cálido que transcende de inmediato en canto atravesas a porta do local de ensaio.

Pero saben que é o que máis admiración esperta en min? Coñecer a familia que conforman, ver como uns coidan de outros, todo atravesado pola música.

Coido que a imaxe da candea é das que mellor pode representar o que é Cantabile, a luz que nos ilumina cando os escoitamos. Cada un de nós na nosa intimidade. A música é unha ferramenta para comunicar, para tocar ao outro a través da emoción: emotio, emotionis, “facer mover”, “sacar do lugar habitual”, desprazarnos e ser outros na nosa relación co mundo.

Que estas candeas nos alumeen na noite de hoxe. Que a sombra que nos rodea faga máis intensa a súa luz.

E comezaba o concerto, e así volo fomos contando nas redes.

Grazas a todos por abarrotar Capuchinas e regalarnos os vosos aplausos. Deixámosvos algunhas fotos e esperámosvos no próximo concerto, porque xa sabedes…#Cantabilenonpara

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

III Noite das Candeas

O coro infantil e xuvenil Cantabile canta á luz das candeas.
Por terceira vez Cantabile ofrece un concerto nocturno á luz das velas. O coro repasará temas habituais do seu repertorio dándolle un formato diferente que xa está consolidado dentro das programacións culturais estivais doutras cidades españolas como Pedraza, Valladolid, Madrid, Sevilla ou dalgunhas capitais europeas como Viena, Salzburgo, Berlín ou Bremen, que programan eventos culturais nocturnos en lugares emblemáticos fóra dos horarios habituais para incorporar así a música clásica ao lecer estival dos habitantes das súas cidades e dos seus visitantes.

Noite das candeas Cantabile 2016

Aínda que todos estades esperando que vos contemos a nosa viaxe por Austria, tiñamos pendente contar algo da Noite das Candeas 2016, o concerto que fixemos case a véspera de marchar de xira.

Era a segunda ocasión de este tipo de concerto nocturno que comezábamos o ano pasado e que foi un éxito, así que tiñamos que repetir.

Do novo a Igrexa das Capuchinas quedouse pequena para todo o público que quixo volver a estar con nos nun concerto diferente aos habituais de Cantabile con sorpresas e colaboración de xente que consideramos da nosa familia, como Margarita F. Cobos non só por ser socia Cantabile senon  por ser unha fan incondicional e unha estupenda mezzosoprano.

Foi un concerto con un repertorio diferente no que ademáis do coro e os solistas cantantes, os nosos músicos poideron amosar tamén o seu talento porque  Cantabile é #algomáisqueuncoro.

Ademais como noutras ocasións, tivemos a sorte de que haxa fans de Cantabile que son estupendos fotógrafos e fagan fotos espectaculares como as que nos fixo Jose Cereijo. Grazas de novo,  Jose!

14114797_651060898395140_6550938675095335098_o

Foto de J. M. Cereijo

14066386_651074471727116_3240689142128364767_o

Foto de J. M. Cereijo

Pero estas son as nosas

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Noite das candeas con Cantabile

Música clásica coral para las noches de verano coruñesas.
Además de sus objetivos educativos, Cantabile busca la difusión de la música clásica para ponerla al alcance de todos los públicos, sobre todo, del público juvenil.
Por eso Cantabile no sólo canta en auditorios o teatros, sino en iglesias, parques e incluso en la calle.
Los eventos culturales fuera de los horarios y lugares tradicionales son habituales ya en las grandes ciudades europeas y de ahí surge la idea de nuestros conciertos veraniegos nocturnos para poder incorporar la música clásica, sobre todo la música coral, al ocio veraniego de los coruñeses y de los visitantes de nuestra ciudad