REDE CULTURAL

A Deputación da Coruña, co obxecto de contribuír á difusión e á promoción da música, do folclore, do teatro, da danza, do cine e das demais manifestacións artísticas na provincia, por medio do coñecemento das actividades que se están a producir neste ámbito e do seu achegamento aos nosos concellos, e fomentando ao tempo o uso e normalización social da lingua galega e a defensa dos valores da igualdade de xénero, convoca os seguintes tres programas de difusión cultural: ESCENA AO VIVO, VISIÓNS E ALICERCE.

A Asociación musical e cultural Cantabile (30/798 ) participa no programa ALICERCE cos seguintes espectáculos do Coro Cantabile (Clave de grupo CS/206)

Obra: Cantabile Canta Ós Clásicos ( CO CS/88)

Neste espectáculo o Coro Cantabile fai unha selección dos mellores traballos do seu repertorio para traer ao público os grandes clásicos.

Obra: Os nenos do coro ( CO CS/89)

En “Os Nenos Do Coro”, Cantabile presenta un repertorio destinado a maiores e nenos con obras máis coñecidas. Cantabile é un coro de voces mixtas de 8 a 25 anos cun repertorio de música polifónica variada que abarca desde a música barroca, especialmente a obra sacra de Mozart, Haydn, Vivaldi ou Haendel, ata a música actual pasando pola música popular galega, etc…

Obra: Nadal con Cantabile ( CO CS/92)

A actuación do Coro Cantabile consiste nun concerto de música vocal no que un grupo de nenos e mozos dende os 8 anos de idade interpretarán a capella ou acompañados de piano, un repertorio de música de Nadal e panxoliñas que se concretará co concello ou entidade solicitante.

Obra: Cantabile Canta en Galego ( CO CS/95)

Cantabile Canta en Galego é a homenaxe de Coro Cantabile a poetas e músicos galegos cunha selección de obras adaptadas para música coral.

O Procedemento e normas de contratación de espectáculos por parte dos concellos entidades pódese consultar na web da Deputación da Coruña

Solicitude de espectáculos

Inicio: 23 de febreiro de 2017, ás 00.00 h.

Fin: 10 de marzo de 2017, as 14:00 h.