O Coro Cantabile na entrega das Medallas Castelao 2017

O Coro Cantabile e o seu director, Pablo Carballido, co presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo.
Foto: Antonio Hernández (El Correo Gallego)

O pasado 28 de xuño tivemos a honra de participar no acto de entrega das Medallas Castelao 2017 en Santiago de Compostela.

As Medallas Castelao son unha distinción a aqueles galegos e galegas cuxa obra, en calquera faceta da actividade humana, se considera merecedora do recoñecemento de toda Galicia. Neste ano 2017 entregáronse a Xosé Ramón Gayoso, Justo Beramendi, Cristina Pato, o Centro Oceanográfico de Vigo e o Grupo Nove de cociñeiros.

O acto celebrouse en San Domingos de Bonaval con máis de 300 asistentes e nós fomos os encargados de interpretar o himno galego ao rematar.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Ao rematar non podíamos marchar sen unha foto co presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo e mais Cristina Pato

e tamén co noso amigo Gayoso  que sempre fala tan ben de nós cando imos a Luar.

Pero no evento ocorreu algo que nos fixo moita ilusión, e foi ver a Cristina Pato aplaudíndonos ao finalizar a interpretación do himno ¡Graciñas, Cristina! 

 

 

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *