Gañadores do II #CertameLiterarioCantabile

O sábado 13 de maio reuníronse no local do coro os membros do xurado do II Certame Literario Cantabile. O tribunal estaba formado por:

  • Tito Pérez, escritor
  • Roberto Samartim, profesor da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña
  • Dores Tembrás, escritora

Os integrantes desta mesa acordaron o seguinte veredicto:

Categoría A

Modalidade de poesía:

  • 1º Premio: “Bando de Borboleta”, de Raquel Cernadas Varela.

Modalidade de microrrelato:

O premio fica deserto por non presentarse ningún traballo nesta modalidade.

Categoría B

  • Os premios fican desertos por non presentarse ningún traballo en ningunha das dúas modalidades.

Categoría C

Modalidade de poesía:

  • 1º Premio: “Osíxeno”, de Miguel Ángel Fernández García.

Modalidade de microrrelato:

  • 1º Premio: “De costas”, de Adrián Gil Fernández.

O día 27 de maio será a entrega de premios, ás 19:30 na igrexa das Capuchinas da Coruña. Nesta tarde, escoitaremos os textos premiados lidos polos seus autores e autora, e intervirá o Coro Cantabile.

Música e literatura estarán unidas nunha causa solidaria: os donativos asociados a cada participación no concurso serán entregados á Cociña Económica e ademais recolleranse alimentos, tamén para esta institución. Tamén podes encontrar a información sobre este evento na sección de “Próximas Actuaciones”.

Na súa segunda edición, o Certame Literario Cantabile tivo unha participación máis modesta que a anterior, mais temos a certeza de que este proxecto pode mellorar: chegar a xente que se anima por primeira vez a presentar os seus textos ou que quere seguir mellorando, xente Cantabile de sempre ou acabada de chegar, familiares, amizades…

Confiamos en seguir crecendo e en aprender pouco a pouco coa vosa colaboración. Parabéns ás persoas premiadas e grazas a todas as persoas que participaron na segunda edición do Certame Literario Cantabile!

#IICertameLiterarioCantabile

#CantabileSolidario

#CantabileNonPara

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *